Thursday 09 de May de 2024

Malasombra Produccións porá en escena este domingo 31 de outubro na Casa da Cultura de Lousame “DEP, unha comedia de morte”


Entradas de balde en www.bandoticket.com

A Casa da Cultura de Lousame acollerá este domingo 31 de outubro, ás 19:00 horas, a obra de teatro “DEP, unha comedia de morte”, a cargo de Malasombra Produccións. Un espectáculo totalmente gratuíto pero con aforo limitado, polo que as persoas interesadas en acudir deben reservar a súa entrada en www.bandoticket.com.

Escrita por Pep Antón Gómez e Jordi Sánchez, e dirixida por Marcos Osi, “DEP, unha comedia de morte” conseguiu o Premio Vigocultura de 2019 e Premio do Público “Mostra de Teatro de Malpica” 2018. Jouse García e Xoque Carbajal porán en escena a historia dunha nai con moitos anos, enferma pero con moi poucas gañas de morrer, fronte a un elenco de personaxes que deciden “axudala” dándolle “un empuxonciño”. Unha divertida comedia de humor negro.

Esta actuación está organizada polo Concello de Lousame, en colaboración coa Deputación da Coruña, Agadic e Escena Galega.